Ficha do produto

CATAVENTO DE NEUTRÓS DOMESTICADOS

Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
Capa

“Un intento de facer, con elementos surrealistas, unha poetización desta sociedade de consumo na que vivimos”. Así resumiu a obra o propio autor, Manuel María. O poeta escribiu este poemario en 1978 e saíu publicado por vez primeira en Alvarellos Editora ao ano seguinte, en febreiro. O Catavento de neutrós domesticados é un libro sorprendente, innovador e anticipador.

Un dos títulos históricos do primeiro catálogo desta editorial que, tres décadas despois da súa aparición, cumpría recuperar. A obra destila altas doses de inconformismo, retranca, desacougo e caos. Transcorre entre o íntimo e o social. Nela emerxen verdadeiros achádegos semánticos nun altísimo dominio do idioma.

A presente edición mantén a portada orixinal de 1979 coas ilustracións interiores de Xohán Clodio, e complétase cun amplo e documentado estudo por parte do profesor e escritor Camilo Gómez Torres, un profundo coñecedor da obra de Manuel María, a quen cualifica de “autor total”.

Edición física de 2006
Xénero: Poesía
12.00 €Publicación en papel
Comprar