Ficha do produto

De catro a catro

Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
"A saída á luz deste libro supón para o seu autor a plasmación na práctica dos modelos teóricos que viña defendendo desde había tempo e a vangarda manifestase nel tanto no plano da forma como no plano do contido: nova disposición tipográfica, eliminación do ritmo e rima (aínda que neste conxunto de poemas, ás veces, podemos atopar algunhas pegadas dela), liberación no uso da sintaxe e da lóxica gramatical, novo xeito de entender a metáfora, que dará paso a imaxes ousadas e inusuais, anulación das coordenadas espazo-temporais e nova visión na elaboración argumental do poema. Todas estas características conducirán o poeta á creación dunha visión do mar totalmente nova e diferente" (Historia da literatura galega)
Edición dixital de 2015
Editora: Sermos Galiza
Xénero: Poesía
3.50 €Publicación en EPUB(lectura na nube)
Comprar
Agasallar

Produtos relacionados