Ficha do produto

Meirás, un pazo/ un caudillo/ un espolio

Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
Capa
Este traballo de investigación realizado por Carlos Babío Urquidi e Manuel Pérez Lorenzo e editado por Galiza Sempre demostra e documenta como o pazo foi adquirido para o dictador por medio de doazóns baixo coacción, descontos obrigatorios nos salarios de empregados públicos, expropiacións forzosas e malversación de fondos e recursos públicos.

Unha das imaxes que máis asociamos á ditadura de Franco é a da silueta do Pazo de Meirás. Residencia de verán do Xefe do Estado durante case catro décadas, o edificio, construído pola escritora Emilia Pardo Bazán, chegaría ás mans do ditador nun proceso marcado polas coaccións e os abusos sobre unha poboación sometida ao aparello represivo do réxime.

Os autores estudan e documentan eses procedementos e analizan a actuación das administracións en Meirás, co investimento continuado de fondos públicos nunha propiedade que, á morte de Franco, ficaría nas mans da súa familia. Un relato que vén botar luz sobre unha historia que o franquismo nos transmitira en termos ben diferentes. O relato dun tempo que axuda a explicar, en boa medida, o noso presente.

Edición física de 2017
Xénero: Ensaio
Idioma: Galego
20.00 €Publicación en papel
Comprar