Ficha do produto

Non des a esquecemento.

Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
Capa
Non des a esquecemento.
Relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade.

Este libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Mais sobre todo é a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galiza, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.

En palabras de Xosé María Álvarez Cáccamo, os artigos do libro “son lóstregos, bátegas antifascistas. Actúan tamén como unha aperta breve e fonda e unha chamada de atención á conciencia. Fotogramas da memoria solidaria”.


Os beneficios da venda do libro están destinados ao Bosque da memoria en homenaxe aos presos do cuartel de Figueirido (Vilaboa), ás súas familias e ás persoas solidarias da contorna. Un proxecto do colectivo A Regaduxa. Memoria Histórica de Vilaboa
Edición física de 2017
Xénero: Ensaio
15.00 €Publicación en papel
Comprar