Ficha do produto

O niño de pombas

Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
O niño de pombas, publicada en 1905, de temática amorosa, esta ambientada na Galiza do século XII, co mosteiro de Carboeiro como pano de fondo da acción. A novela apareceu como folletín de El Correo de Galicia asinada por K. Desenvolve sobre todo unha historia amorosa, ubicada cronoloxicamente no século XII, nos tempos do Arcebispo Xelmírez, e xeograficamente nas terras do Deza e Trasdeza, ao sur do Ulla. Nesta ocasión as referencias históricas si funcionan unicamente como telón de fondo, como escenario en que situar os acontecementos. O que non quita a fidelidade ao dato histórico, con moito menos peso, e a precisión na consignación dos detalles cronolóxicos ou espaciais, como xa é habitual no autor.
Edición dixital de 2015
Editora: AS-PG
Xénero: Narrativa
3.50 €Publicación en EPUB(lectura na nube)
Comprar
Agasallar