Ficha do produto

Recollendo Escombros

Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
Capa

"Érase unha vez un país que non era xamais ese país. Algo como o mosaico íntimo dos pesadelos de cadaquén cosido cos soños partillados.

Nas tardes de choiva as cativas destripaban radios e televisores e ao recompoñelos dicían que se trabucaban nalgunha peza coa esperanza secreta de que saísen outras voces, outras verbas para por fin as aloumiñaren.

E cada día de febre, cada noite de ouveo, escribían estrañas cartas en postais, a mesma postal sempre repetida."

Edición dixital de 2015
Editora: Sermos Galiza
Xénero: Poesía
3.50 €Publicación en EPUB(lectura na nube)
Comprar
Agasallar