Ficha do produto

Rosalía de Castro

.
Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
Capa
Durante o ano 2013, e no contexto do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, Sermos Galiza deu a luz, como parte do proxecto Análise e divulgación de Cantares Gallegos, promovido pola Sociedade Cultural Medulio e patrocinado pola Deputación da Coruña, un total de 23 páxinas, unha cada semana, recollendo diferentes aspectos da presenza pública de Rosalía e algunhas das iniciativas levadas a cabo durante aquel ano. Tamén, e como complemento daquelas páxinas,  publicamos un caderno A Fondo titulado Rosalía de Castro, a liberación das tebras.

Agora, en febreiro de 2017, no 180 aniversario do nacemento de Rosalía, ofrecemos novamente aquela publicación, indexada e en formato pdf para descargar libremente desde as páxinas de Sermos ou para ler directamente desde a tenda da AS-PG.
Edición física de 2017
Editora: Sermos Galiza
Xénero: Ensaio
Idioma: Galego
0.00 €Publicación en PDF(lectura na nube)
Comprar
Agasallar

Produtos relacionados