Ficha do produto

Sermos Galiza-184

.
Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus

No Sermos Galiza número 184 podemos ler:

- "Sanidade concertada, a sanidade paralela". O tema desta semana debulla todo o negocio que xurdiu arredor da sanidade no noso país.

- Na sección de Opinión, estreamos dúas columnas: E-Pistola-Rio, de Marga Doval, que esta semana escribe sobre "Miña Señor Belida" e "As Insuas", de David Otero, que escribe sobre "Mini e Mero (ou Mero e Mini".

- En Sociedade, publicamos unha reportaxe sobre os abortos no segundo trimestre de xestación

- Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, escribe a análise "O profesorado no punto de mira"

- Entrevistamos Cristina Palacios, presidenta de Arelas: "A sociedade ten que educarse no respeito á diversidade"

- En Política, escribimos sobre a Asemblea Nacional do BNG nas pezas "Unha Asemblea moi participativa" e en "460 militantes máis entre a XIV e a XV Asemblea nacional"

- Tamén publicamos unha análise do politólogo Manuel Anxo Fernández Baz: "Apuntamentos sobre a necesaria reforma do sistema electoral"

- "Entre as discrepancias internas e as reticencias externas" é a información que publicamos sobre a política municipal de Ferrol

- En Internacional incluímos "Rusia peta na mesa dunha orde mundial en crise"

- Tamén en Internacional, Iuri Domenech escribe sobre a tensión social que vive Grecia após os últimos recortes do Goberno

- Dedicámoslle unha reportaxe a dupla páxina á guerra no Iemen, "A guerra ignorada no inverno árabe"

- O A Fondo desta semana debulla O Galego no Val do Ellas. Coordinado polo profesor da Universidade de Vigo, Henrique Costas, incorpora artigos de Francisco Fernández Rei, Tamara Flores, Alicia Manso, Juan M. Carrasco, Rita Pereira, A Nosa Fala e do Grupo Xálima.

- "A indignación prendeu no mar da Galiza" é unha reportaxe a dupla páxina que analiza os motivos que levaron os traballadores e traballadoras do mar a convocar a manifestación o 27 de febreiro.

- O Foro Económico de Galiza analiza o impacto da crise nos hábitos alimentares

- Abrimos o Fóra de Serie cunha entrevista a dupla páxina con Francisco Castro que nos confesa: "Eu fun vítima do amor romántico"

- Na columna "Irmandades" contamos cun perfil sobre Antón Vilar Ponte que escribe Carlos Nuevo.

- Reseñamos "O deserto", de María do Cebreiro

- "Armas para o debate" é a crítica literaria de Mario Regueira sobre o libro "Indecencias e Corruptelas", de Manuel Monge.

- "Retrincos de 007" é a crítica de cinema de Andrés Castro sobre a película Spectre

- "Cando Manuel María inventou a música galega" é a primeira colaboración de Xurxo Souto no novo Sermos, onde vai escribir unha peza mensual sobre música

- Na axenda recollemos os eventos destacados da semana

- "Sorpresa no Museo de Lugo" é a columna de Paula Mariño, que escribirá unha vez ao mes sobre museos.

- Estreamos tamén unha sección mensual sobre balnearios. Comezamos co Balneario de Carballo.

- "Andar e Ver", a colaboración semanal do grupo XEA, lévanos á Cántara da Moura, un espazo ateigado de maxia

- O "Ñam Ñam" dedicámosllo a Catrineta, unha empresa de Compostela que comercializa conservas.

- Incluímos Palabras con Memoria, sección coordinada por Isidro Novo

- Petisco de Letras

- Calendario de Xan Muras para marzo

- Contracorrente: Superheroes de barrio contra o imperio da covardía musical

- Dedicámoslle o Selfie desta semana a Kiko Novoa, director do Galicia Por Diante, da Radio Galega.

Editora: Sermos Galiza
1.99 €Publicación en PDF(lectura na nube)
Comprar
Agasallar