Ficha do produto

SOBRE RUÍNAS

.
Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
Capa

Poemas para o combate neste tempo de vencidos e derrotas. Unha poesía de altura sobre ruínas e fronte a elas. Estes novos versos de Xesús Rábade Paredes (Seixas, Cospeito-Lugo, 1949) son un berro para espelir aos rendidos. Tamén un laio contra a desolación. Álzase neles a voz contra os malditos, os ruíns e os mercadeiros. O universo literario, en fin, dun dos nosos mellores creadores.

No poema titulado “Devastación”, dise: “Quizais é que exhibimos en exceso / a infinita paciencia. / Que na mesma mirada delatamos, / como os peixes e as vacas, / a tristeza xenética”.

“Atoparás aquí, lector, cousas que che fagan pensar e cousas que te conmovan (…). O único valor da arte, dixo alguén, é lembrarnos que a vida é o que importa. (María do Cebreiro, no Limiar).

Edición física de 2013
Xénero: Poesía
11.00 €Publicación en papel
Comprar