A Xeración do 16. As Irmandades da Fala en Compostela.
A publicación correspóndese cos números 173 e 174 da revista Terra e
Tempo e recolle as palestras desenvoltas en Compostela en outubro e
novembro de 2016 en torno ás propostas e actuacións das persoas
pertencentes ás Irmandades da Fala que tiñan vinculacións directas con
Compostela.
Con presentación de María Antonia Pérez, presidenta da
Agrupación Cultural O Galo e de Roberto Vilameá presidente da Fundación
Terra e Tempo, recóllense, en 96 páxinas, as comunicacións de Emilio
Ínsua, María Pilar García Negro, Francisco Rodríguez Sánchez, Manuel
Pazos Gómez, Justo Beramendi, Xosé Ramón Ermida, Rosa Aneiros, Federico
L. Silvestre, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Laura Tato Fontaíña e
Teresa López Férnández.
Edición física de 2017
Idioma: Galego