Ficha do produto

Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
Capa
En “Tirán”, Anxo Lorenzo volve poñendo a proba os límites da gaita e os propios para facernos crer que todo é posible na música. Coa produción de Pedro González e acompañado da súa banda, formada por Xose Liz (bouzouki), Milla (percusións), Begoña Riobó (violín), Álvaro Iglesias (Contrabaixo) e a nova incorporación do violinista Irlandés Eoghan Neff, amósanos once temas que camiñan entre a composición e a tradición, entre as rías baixas e o mar de Irlanda. Unha mostra de virtuosismo e sensibilidade a partes iguais, que se ve incrementada coas colaboracións da famosa gaiteira de Northumbria Kathryn Tickell, as cordas de Pancho Álvarez e Luis Peixoto, Roi Adrio na percusión, a zanfona de Anxo Pintos, o acordeón de Jorge Arribas ou o grupo de estética Hindú Om/Off.
Número de pistas: 11
Número de discos: 1
Editora: Zouma Records
12.00 €Disco CD
Comprar

Produtos relacionados