Coa funcionalidade de Lectura na Nube integrada na Tenda da AS-PG os teus libros dixitais van estar sempre dispoñibles no teu espazo persoal, e vas poder acceder á súa lectura desde o propio navegador web do teu dispositivo e sen necesidade de instalar ningún programa de lectura adicional.

Ademais, este espazo de lectura incorpora a funcionalidade de Lectura sen Conexión, que che vai permitir gardar no teu dispositivo, de forma sinxela e transparente, os libros dixitais aos que queiras acceder mesmo cando non dispós de conexión á Rede. No teu espazo privado, vas poder ver o estado de cada libro, que quedará indicado polas seguintes iconas:
  O libro non está dispoñible para lectura sen conexión. Premer para almacenalo no dispositivo.
  O libro está dispoñible para lectura sen conexión. Premer para quitalo e liberar o seu espazo.
Nota: a capacidade de almacenamento está limitada ao espazo interno que permita o teu navegador, que pode ir desde os 5MB até practicamente ilimitado. Algunhas versións antigas dalgúns navegadores non soportan a funcionalidade de Lectura sen Conexión, polo que nese caso será preciso actualizar a unha versión máis recente.