Termos de uso

Realización do pedido

Para realizar un pedido é preciso seleccionar os produtos que se desexe e rexistrarse como usuario, a través dos formularios e as instrucións facilitadas en cada paso.

A aceptación das condicións de compra e a validación do pedido por parte do cliente supón expresamente o coñecemento e aceptación destas condicións xerais de contratación como parte da celebración do contrato. Salvo proba en contrario, os datos rexistrados pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega constitúen a proba do conxunto de transaccións realizadas entre esta e os seus clientes, que permanecerán arquivados e protexidos. O usuario poderá acceder ao seu historial de compras dende o seu panel de control, ao cal só se poderá acceder con contrasinal.

Prazos e modos de envío

O prazo de recepción dun pedido é resultado de sumar a dispoñibilidade dun produto para a súa expedición co tempo de entrega do servizo loxístico, unha vez que sae das nosas instalacións. No caso de realizar un pedido de varios artigos con diferentes dispoñibilidades, o prazo para a expedición terá en conta a entrega prevista máis longa.

Nalgúns produtos poderá atopar "Á venda …". Isto indica que o produto aínda non saíu á venda e que se pode realizar o pedido a partir da data indicada.

Os prazos de expedición indicados son sempre orientativos. No caso de que existira algunha ruptura de stock ou indispoñibilidade puntual dun artigo, porémonos en contacto con vostede para comunicarllo de inmediato e dar un novo prazo de entrega ou, se non fose posíbel servir un produto, proceder á súa anulación. En calquera caso, un retraso na entrega respecto aos prazos sinalados non dará dereito ao cliente a esixir indemnización algunha.

Unha vez que todos os produtos estean dispoñíbeis nas nosas instalacións, o pedido entregarase no enderezo indicado nos seguintes prazos estimados por Correos:

  • Envíos a Galiza: 2 a 6 días hábiles.
  • Envíos ao resto do Estado: 2 a 8 días hábiles.
  • Envíos á UE: 7 a 15 días hábiles.
  • Envíos Internacionais: 7 a 45 días hábiles (recomendamos consultarnos antes de realizar o seu pedido / os envíos internacionais poden estar suxeitos a aranceis e taxas que algúns países impoñen á súa recepción, as cales serán por conta do cliente ao recibir o pedido).