Ficha do produto

Antroidos e máscaras na Galiza rural

Compartir:BelvisFacebookTwitterGoogle Plus
Capa
Este monográfico número 4 de Sermos Galiza presenta, nunha introdución de Felipe Senén e en fotografías e comentarios de Alfonso García Santos, 52 antroidos con máis de 120 fotografías, a grande maioría descoñecidos. É un traballo fotográfico de máis de dez anos. É esta unha publicación pioneira, por ser o primeiro catálogo das principais variedades do entroido galego, que pon ao alcance da man das lectoras e lectores máis de medio cento de formas vixentes en diferentes puntos do territorio.
Baixo o título Antroidos e máscaras na Galiza rural, a editora reuniu as imaxes e textos de Alfonso García Santos –coñecido polo seu segundo apelido–, fotógrafo e xubilado de TVE que leva 30 anos testemuñando as distintas celebracións, todas elas vivas, formas recuperadas que fican lonxe de seren consideradas un vestixio.
Editora: Sermos Galiza
Idioma: Galego
19.90 €Publicación en papel
Comprar

Produtos relacionados