O poeta e escritor Manuel María, visto nas facetas de creador literario,
de persoa política mais sobre todo, de home da fala. Explórase de que
xeito nos primeiros 1950 comezou a escribir en galego, nunha afectiva
proximidade á súa terra que tamén o levou a viaxar a feiras,
manifestacións e outros actos públicos. A película bebe de múltiples
fontes audiovisuais, arquivos privados e institucionais correspondentes a
diversas épocas, e combina as imaxes coa voz do protagonista nun
contorno que procura o íntimo.
Ano: 2005
Duración: 00:27:00
Número de discos: 1