Ficha do produto

Nós Diario 1

.
Compartir:BelvisFacebookTwitter
Número 1 de Nós Diario. Versión PDF.
Editorial:
Permitide que me presente. Son Nós Diario. Durante estes dous anos falaron por min outras voces, mais desde hoxe serei eu quen fale e a quen xulgaredes polo que diga.

Chego con trinta e dúas páxinas a cor, cada semana, de martes a sábado. Os sábados co suplemento Sermos Galiza, que dá fe da miña orixe.

Sei que nazo coa fortaleza de non depender de ningunha grande empresa de comunicación, de depender só de vós: de quen me procure nos quiosques; das persoas ou institucións subscritoras; dos anunciantes, que faredes normal a publicidade en galego; e das persoas accionistas da empresa editora.
Escoitareivos para ofrecer información veraz, rigorosa e plural. Mais tamén me presento a quen aínda non me coñece. Porque preciso máis acompañamento para poder medrar, andar os camiños da información, ter máis xornalistas e chegar a máis xente.

Seguro que haberá alguén a quen non agrade, mais espero contar coa vosa complicidade para poder superar as eivas propias dun recén nado.

A todas, obrigado.

Editora: Sermos Galiza
1.50 €Publicación en PDF(lectura na nube)
Comprar
Agasallar

Produtos relacionados