"The Galician Connection” é un disco íntimo, maduro e introspectivo que
reafirmará a fulgurante carreira desta completa artista. É, sen dúbida
algunha, o disco que mellor amosa a madurez dunha artista que soubo
evolucionar.
Coas colaboracións da incrible voz de Rosa Cedrón, o jazz-acordeón
de Victor Prieto Trio, a profunda voz da mezzo canadiense Patrice Jegou,
o violín de Javier Cedrón e o seu cuarteto de corda, o bouzouki de
Carlos Beceiro e un longo etc. de amigos e artistas incluídos os membros
da súa banda: Laura Amado, David G. Outumuro, Raquel Pato e Xan Padrón.
Ano: 2010
Duración: 55:00
Número de pistas: 12
Número de discos: 1